Nebra, 24/07/1959 – 06/02/2019
Quen era Paco do Martelo?
Francisco Calo
Por moitos anos activista e documentalista sonense, que non tiña problema en contar historias de tempos pasados tal e como llas relataron ou como as viviu. Algunha pequena parte das lembranzas que rescatou despois de moitos anos acabaron formando parte de libros, aínda que o seu nome non apareza neles. Aínda sen a a categoría de “mestre” gustaba de dar a coñecer e recompilar información de tempos pasados.
A incursión nas redes
De como o simple feito de dar un pequeno paso na arañeira dixital abriu Nebra ao mundo
aaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
O nacemento de “Aí vai Nebra!“
A persoa da que moita xente recordaba as mellores festas brinda á Internet as nosas festas actuais
A idea de inmortalizar as festas da parroquia foi algo do que sempre estivo orgulloso, polo que comezou a debullar a idea de crear unha páxina propiamente delas, despois de compartir a través dos seus blogs persoais algunhas anécdotas e historias de festas pasadas, ou das que el mesmo organizara. Despois de cubrir diversos eventos no Concello do Son e mesmo en concellos veciños, ás veces repetíase unha curiosa mención “Aí vai Nebra”, que lonxe de parecerlle mal, acolleu con orgullo. Así nace en maio do 2011 dentro de Blogaliza, no que naquel entón era a central dos blogs en galego, nebra.blogaliza.org (que pasa a nebra.blogaliza.gal no 2017) e o caderno non podía ter outro nome que “Aí vai Nebra!“, o cal comeza coa crónica da Festa de Santa Rita que ese ano volvía logo duns anos sen celebrarse.
Co peche de Blogaliza no 2018 e as incidencias co spam que tanto lle rompían a cabeza nos blogs de Blogger, comezamos a artellar a creación dunha nova páxina en servidor e dominio propio como aposta por unha identidade global de todo canto foi creando na rede, sendo así a súa nova casa www.denebrason.eu. Comeza aquí con moita ilusión un proceso de actualización e reorganización dos seus blogs, para traer a unha mesma páxina todo o relacionado con festividades nas que ía dando conta no seus outros blogs. Dar unha mellor presenza á vella páxina de Nebra e a mente posta en novas ideas.
Legado
mmmmm
Lamentablemente, o 6 de febreiro do 2019 apagouse o seu sorriso, a voz do cronista da aldea deixou de escoitarse para sempre e as lembranzas que atesouraba esvaecíanse sen remedio. Foi dura a reflexión sobre este caderno de crónicas, quizais deixalo esmorecer era unha opción, pero logo de cavilalo e tras escoitar a moita xente comprendín que esta non era unha páxina máis, era unha xanela aberta ao mundo pola que moitos se achegaban a saudar, a ver como ían as cousas pola aldea, polo que cumpría seguir con ela, manter vivo o seu legado. Así, quen aquí escribe, Toño do Martelo, tentarei, da mellor das maneiras, continuar esa faceta da última etapa da vida de meu pai, con orgullo e coas ensinanzas que me dou.
Futuro
O que vai ser das redes sociais
Como as ferramentas que usaba na rede eran moitas e moi variadas, non sería de recibo facer actualizacións unha vez o seu pasamento, polo que quedan todas paradas, tal e como as deixou. Retomarase algún dos borradores sobre historias que tiña programados. Así pois as seguintes páxinas non volverán ser actualizadas, seguirán aí, cos comentarios pechados, ata que o servizo que están empregando desexe mantelas. Todos os contidos hanse mover ao dominio principal De Nebra Son:
- pacodomartelo.blogspot.com: A súa bitácora persoal.
Pecharanse os comentarios e quedará arquivado para consultas. - nebra-nebra.blogspot.com: O caderno no que falaba sobre Montes Comunais.
Pecharanse os comentarios e quedará arquivado para consultas. - nebra1.blogspot.com: Blog máis persoal sobre a Comunidade de Montes de Nebra.
Pecharanse os comentarios e quedará arquivado para consultas. - http://aivainebra.blogspot.com/: Tentativa de continuar a páxina de festas tralo peche de Blogaliza.
- Como
- nebra.es.tl: A páxina de Nebra.
A información da mesma hase trasladar ao dominio principal De Nebra Son. - twitter.com/pacodomartelo: Conta de Twitter. In Memoriam.
- facebook.com/pacodomartelo: Conta de Facebook. In Memoriam.
- youtube.com/pacodomartelo: A principal canle de vídeos.
Non se subirán máis, pero manteranse os que hai. Lígase a esta a outra canle que tiña de apoio (youtube.com/arben1312). Atenderei comentarios dende a miña conta persoal.
Con todo, as redes que se manterán activas serán as seguintes:
- DeNebraSon.eu: Esta páxina que englobará o ecosistema que no seu día creou Paco, pero co contido máis concentrado, sen espallarse en varios servizos.
- facebook.com/denebrason: Páxina en Facebook sobre a parroquia de Nebra.
- youtube.com/denebrason: Canle de vídeos que ha levar os novos contidos da páxina, así como mellorando vídeos antigos.
- Aí vai Nebra!: A páxina de eventos culturais e festivos da parroquia.
- Resgardos dun masacre: A páxina homenaxe ás Mártires de Cans, onde se recompila toda información que teña presenza na rede sobre a homenaxe da que foi impulsor.